A Xunta inicia os trámites para a declaración BIC do Museo Carlos Maside

Varios colectivos e institucións demandaban este nivel de protección

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

O Museo Carlos Maside, ubicado no complexo industrial de Cerámicas do Castro, en Sada, poderá ser en breve un novo Ben de Interese Cultural en Galicia. Así llo comunicou o secretario Xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, ao concello de Sada a semana pasada. A Xunta iniciou os primeiros pasos para a tramitación que significará que o Museo, fundado por Isaac Díaz Pardo e Luís Seoane en 1970, pase a adquirir a máxima categoría de protección cultural en Galicia. O Museo contén valiosas obras de artistas como Castelao, Maruxa Mallo, Luís Seoane, Laxeiro, Colmeiro e Lugrís, pero tamén destaca pola súa arquitectura, realizada polo arquitecto Andrés Fernández Albalat.

Que che parece esta nova?
72 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Carlos Maside, Maside, Museo Carlos Maside, Luís Seoane...