O deterioramento do Museo Carlos Maside, situado no complexo industrial de Cerámicas do Castro, en Sada, ergueu estes dÃas voces de alarma. A humidade que afecta ao edificio e que ameaza a varias das obras que se custodian no se interior, asà como o feito de permanecer o centro pechado desde hai anos levou a que Xosé Castro, fillo de Isaac DÃa Pardo, un dos fundadores da institución, lle reclamase publicamente á Xunta medidas para completar a declaración do complexo como Ben de Interese Cultural. Canda a el, o actual xerente de Sargadelos, empresa propietaria do museo, chamou á colaboración das institucións públicas para conservar e recuperar este legado.
O centro, primeiro dedicado á arte contemporánea no paÃs, púxose en marcha da man de LuÃs Seoane e Isaac DÃaz Pardo nun edificio proxectado por Andrés Fernández-Albalat custodia unha colección de obras de Francisco Llorens, Castelao, Francisco Asorey, Xosé Frau, Maside, Bonome, Laxeiro, Arturo Souto, Fernández Mazas, Cabreiro, Huici, Citino e Maruja Mallo, LugrÃs, Seoane, Colombo, Eugenio Granell e o escultor Antonio López entre outros. O Parlamento de Galicia xa lle solicitara ao goberno que declarase o centro como Ben de Interese Cultural, unha petición que tamén realizou o Concello de Sada en 2015. O Consello da Cultura Galega está a elaborar un informe sobre o estado do Museo e do patrimonio que alberga.