Hoxe reabre as súas portas en Sada o Museo Sargadelos-Carlos Maside, antes chamado Museo de Arte Contemporánea 'Carlos Maside', pechado desde 2016. Este espazo dependente da Fundación Sargadelos creouse en 1970 ante a necesidade de recoller a obra e a documentación dos artistas da xeración dos anos trinta, ampliando posteriormente os seus obxectivos como testemuña da creación artÃstica contemporánea galega. O actual edificio, obra do arquitecto Andrés Fernández-Albalat en 1982, e o seu contido levan tempo agardando a declaración como Ben de Interese Cultural. O museo atópase nun complexo arquitectónico que acolle ademais a fábrica de Cerámicas O Castro; o máis caracterÃstico é o edificio do museo, formado por módulos hexagonais distribuÃdos en torno a un módulo central.
Tras dunhas obras de restauración no edificio a exposición, que reúne máis de 4.000 pezas, expón obras de Castelao e de outros artistas como Maruja Mallo, Francisco Lloréns, Xesús Corredoira, Francisco Asorey, Arturo Souto etc; e dos Renovadores, con obras de Laxeiro, Colmeiro, Maside ou LuÃs Seoane. Xunto a eles atópanse as obras de figuras singulares como Eugenio Granell e Urbano LugrÃs. Poden contemplarse obras de artistas de Vangarda coma os pertencentes ó grupo Atlántica. Na nova exposición coa que se inaugura inclúense tamén pezas da propia produción cerámica de Sargadelos. A xestión e usos do edifico son obxecto de desencontro dentro da Fundación Sargadelos entre os descendentes de Isaac DÃaz Pardo, fundador xunto con Luis Seoane da empresa e o museo, e Segismundo GarcÃa, administrador único de Sargadelos, segundo recolleu o xornal La Voz de Galicia.