Unhas xornadas reivindican un futuro para o Museo Carlos Maside

Celébranse entre Santiago de Compostela e Sada

27/9/2021 | Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

A complexa situación do Museo Carlos Maside (O Castro, Sada) é obxecto de análise entre hoxe e mañá, nunhas xornadas que se celebran entre o Consello da Cultura Galega, o Centro de Estudos Avanzados da USC e a Biblioteca de Sada entre hoxe e mañá martes, 28 de setembro. As obras do museo, trasladado ao edificio planificado por Andrés Fernández Albalat en O Castro en 1982, gardan unha significativa parte da arte galega contemporánea desde a Guerra Civil, no importante legado cultural preservado e conseguido por Díaz Pardo e Luís Seoane. Hoxe en día o museo está pechado, e con difíciles condicións de conservación. "O actual estado do patrimonio material e inmaterial do Museo Carlos Maside reclama da sociedade civil, das administracións públicas, do eido da cultura e da comunidade académica un traballo de coidado e crítica que axude decisivamente a protexelo. Estas xornadas abordan o baleiro legal, intereses, desintereses e outros aspectos que complican a protección e conservación do importante patrimonio que custodia", sinalan desde a organización das xornadas. As xornadas celébranse esta mañá no Consello da Cultura Galega, e poden ser seguidas por streaming. Pola tarde mudaranse ao Centro de Estudos Avanzados da USC e finalizarán mañá na Biblioteca municipal de Sada.

Seguir en streaming a xornada:

Que che parece esta nova?
40 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Sada, Maside, Carlos Maside, Museo Carlos Maside...