Ourense rende unha homenaxe a Manuel Luis Acuña

Acuña-ndo

| Santiago.Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

Dende hoxe e ata o 12 de xaneiro o edificio Simeón de Ourense acolle unha exposición na que diferentes artistas lle renden uha homenaxe a Manuel Luis Acuña. Un acto que se completa coa presentación en Ourense do libro "Manuel Luis Acuña" editado por Xerais.

Homenaxe

Moitos dos artistas galegos recoñecidos, Laxeiro, Luis Seoane, Colmeiro, Virxilio ou Quessada forman parte da mostra que se inaugura hoxe en Ourense para conmemorar a figura de Manuel Luis Acuña. Unha mostra composta por unhas trinta obras dos artistas que tamén participaron na ilustración do libro "Manuel Luis Acuña" editado por Xerais.

Manuel Luis Acuña

Manuel Luis Acuña e Sarmiento (Sobrado de Trives-A Pobra de Trives, 3 de outubro de 1899 - Ourense, 19 de agosto de 1975). Escribeu dende moi novo artigos e poesías que non publicaría ata moito tempo despois. Colaborador asiduo en "Galizia", "Vida Gallega", "La Región". O seu primeiro libro "Fírgoas" foi publicado na Editorial Nós en 1933. Acuña, de profesión mestre republicano, dirixeu en 1930 o xornal "El Momento".

Que che parece esta nova?
30 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ourense, Laxeiro, Colmeiro, Virxilio...

Claves

Protagonistas
Entidades
Lugares