Xerais e a Universidade publican un libro sobre Manuel Luís Acuña

Fírgoas

| Santiago.Redaccion | Seccións: Historia
Compartir:

Un total de sesenta escritores, críticos e artistas de tres xeneracións elaboraron un libro no que recuperan a memoria histórica dunha xeneración e a relevancia desta figura. "Manuel Luís Acuña" é o título do libro que edita a Universidade de Santiago e no que colabora Edicións Xerais de Galicia.

Memoria histórica


O volume presentado fai unha rememoración histórica sobre a figura de Manuel Luís Acuña (Sobrado de Trives, 1899-Ourense, 1975) destacado poeta integrante da Xeneración do 31. No acto celebrado no Salón Nobre do Colexio de Fonseca, o rector da Universidade de Santiago (USC), o fillo do poeta e co-promotor deste proxecto biográfico, Ramón Luís Acuña, o director de Xerais, Manuel Bragado, o poeta e Salvador García Bodaño e o intelectual e doutor honoris causa pola USC, Isaac Díaz Pardo presidiron a cerimonia para honrar ó poeta un ano despois de que se celebrase o centenario do seu nacemento.



Fírgoas


Fírgoas (1933) é a única obra que Manuel Luís Acuña chegou a publicar. Unha escolma que serve para recompoñer a historia literaria e política da xeneración do 31 ou tamén chamada Época Nós.
Ademais, o acto serviu para recordar a integridade de Acuña nos ideais políticos que defendeu antes e despois do 36. Comprometido galeguista, supón un nome de referencia dentro da xeneración do 31, que con este acto queda homenaxeado.

Que che parece esta nova?
23 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Manuel Luís Acuña, Memoria Histórica, Escritores, Edicións Xerais...