Unha exposición en Madrid conmemora o centenario do pintor Fernández Mazas

Cen anos de Mazas

O Círculo de Belas Artes de Madrid acollerá o vindeiro mes de abril unha mostra dedicada a un pouco coñecido pintor galego, Cándido Fernández Mazas, que cumpriría cen anos no 2002. Fernández Mazas foi un dos renovadores da plástica galega durnte os anos trinta, mantendo un estreito contacto coas vangardas europeas.

Lembranza en Madrid




O Círculo de Belas Artes de Madrid programa para o mes de abril unha antoloxía do pintor, debuxante e escritor Cándido Fernández Mazas. A mostra, ademais de mosar máis corenta obras deste autor, achegará ó público as súas obras persoais literarias, documentos persoais e bibliografía do autor. Esta exposición realízase coincidindo co centenario do pintor, nacido en 1902 e é a primeira antoloxía que se dedica á súa obra.

A mostra, da que todavía non se coñecen as datas exactas, completarase publicación dun estudio sobre os seus traballos. Onda o Círculo de Belas Artes de Madrid organiza esta mostra a Obra Social de Caixa Galicia. O comisario da exposición, o ourensán José Manuel Bouzas, sinalou que despois de Madrid esta antoloxía poderá verse en Ourensa, A Coruña e Lugo durante o vindeiro verán.











Coñecer a Mazas




A pesar de que morreu en 1942 cando contaba con corenta anos, Fernández Mazas xa se tiña convertido nun dos principais referentes da pintura da súa época. Logo de acadar unha bolsa da Deputación de Ourense para estudiar en Paris, a súa pintura viuse fortemente influenciada polas vangardas europeas da época, convertíndose nun dos renovadores da plástica galega dos anos trinta. Ademais do seu traballo coma pintor, Fernández Mazas destacou tamén coma escritor, autore teatral e articulista, colaborando en xornais e revistas coma "Nueva España", "El Pueblo Gallego" ou "Ronsel" entre outras e chegando a se director artístico de "La Gaceta de Galicia".