Momento de Paz

O Museo de Pontevedra reivindica o traballo de Manolo Paz coa mostra Luna azul

<i>Adónde llega el mar</i>, 2013. Manolo Paz
Adónde llega el mar, 2013. Manolo Paz
É un dos artistas galegos máis recoñecido internacionalmente. No entanto, no foi ata este verán que viu a súa primeira exposición monográfica no noso país. Luna azul amosa no Museo de Pontevedra unha ollada aos traballos anteriores deste escultor ao tempo que avanza as novas liñas nas que se move o seu traballo. Unha exposición de grande interese que supuxo tamén todo un desafío loxístico.

Son un total de 24 obras creadas desde 1996 por un dos máis destacados escultores do noso país. A exposición Luna Azul, que se pode ver no Museo de Pontevedra desde o pasado 5 de xullo e ata o vindeiro 25 de agosto, supón a primeira mostra monográfica sobre Manolo Paz que se realiza no noso país. No canto de ser unha retrospectiva, o proxecto amosa un punto de inflexión na traxectoria do artista a partir do seu traballo co granito azul de Bahía. O título do mesmo xorde do fenómeno que se dá cada tres anos cando coinciden dúas lúas cheas nun mesmo mes.

A xestación
Aínda que o nome de Manolo Paz quedou xa vencellado ao granito. Aínda que traballa tamén a partir doutros elementos a súas grandes obras con esta pedra, como a familia de Menhires do Campo da Rata, na Coruña e a preeminencia que lle dá á exploración do material marcan a súa traxectoria. David Barro, comisario da mostra, apunta que “é unha exposición que amaña unha débeda histórica que tiñamos en Galicia con Manolo Paz”. A proposta da mostra xurdiu do propio presidente da Deputación, Rafael Louzán, durante unha visita á fundación que Paz mantén en Cambados. “Veu cando montamos a fundación e preguntoume cando fora a miña última exposición en Galicia. Cando lle dixen que non fixera ningunha comentou que iso non podía ser e buscouse o oco”, explica o propio Paz.

Non restrospectiva
Aínda que a proposta percorre a evolución do creador, “non se trata exactamente dunha retrospectiva. De feito basease nunha grande medida en traballo novos”. A opción por esta perspectiva da obra de Paz “xorde ao visitar o seu taller e ver que ten moitísimas obras novas que ademais marcan un punto de inflexión. Comezou a traballar con granito azul de Bahía e crea unha obra moito máis pictórica. Aínda que sempre deixa respirar moito o material, é unha sorpresa ver como traballa máis nunha perspectiva bidimensional, como se escultura fose unha pintura ou unha ventá no muro”. Ante esta situación, “resultaba claro que non se podía facer unha retrospectiva, senón amosar que está totalmente vivo e en moi bo momento creativo, e enfocar a mostra neste punto de inflexión”. Sobre esta evolución, Barro apunta que as novas obras “o volume, o grosor ou a cor son diferentes aos totems que estamos acostumados a ver” na obra de Paz. “Na mostra hai moitas obras non paradigmáticas do seu estilo, hai estruturas modulares e propostas nas que o vacío gaña protagonismo, mesmo algunhas que veñen de atrás nas que emprega a madeira amosan que é un artista máis complexo e versátil do que se pensa moitas veces”.

Complemento
A proximidade da Fundación Manolo Paz, situada en Cambados, a Pontevedra, permite afondar na obra do autor como complemento da mostra de Pontevedra. “Na fundación temos moita obra, e como boa parte da que está na exposición son traballos novos non se nota que faltan outras de aquí. Eu penso que os dous proxectos se complementan. No Museo hai unhas obras de parede feitas con madeira tintada que non están na Fundación, ao igual que as de granito azul das paredes Tamén se poden ver outros materiais, moita xente me relaciona sempre coa pedra e aí poden verse cousas de metal, madeira ou ata con cordas de batea”. Mentres, en Cambados poden contemplarse algunhas das propostas máis clásicas e pétreas do traballo de Paz en exteriores.

Esculturas no edificio
Facer unha exposición que recollese a súa traxectoria e que ao tempo fose susceptible de se montar no interior dun edifico supuxo todo o un desafío. Segundo recoñece David Barro, comisario da mostra, “expor escultura hoxe en día xa e difícil. A nivel loxístico implica transportar grandes cargas, e iso sae caro nun momento de precariedade como este”. No caso concreto “falamos de obras aínda máis pesadas do habitual” nun museo que “non ten a arquitectura máis fácil para isto”. Segundo sinala o propio Paz, “o chan non aturaba o peso das obras, houbo que por algunhas das máis pesadas pegadas á parede, pero sempre é un desafío expor en calquera espazo, e o noso traballo é precisamente adaptarnos a eles”. Malia a estas dificultades, o comisario considera que este proxecto demostra que “o seu traballo tamén pode ser de interior e consegue unha exposición absolutamente fantástica”. Nese sentido, advirte que “moitos museos foxen disto e van a cousas mais sinxelas de expor como vídeos ou fotografías”, unha situación que ao seu ver lle outorga aínda máis valor á actual iniciativa do Museo.

O proxecto compleméntase cunha publicación na que si se fai un exhaustivo percorrido pola carreira de Paz, con textos a cargo do propio Barro e doutros investigadores. A maiores, logo da súa paraxe en Pontevedra, a intención é mover o proxecto por centros fóra do noso país. “Aínda non está fechado, pero a nosa idea é poder levala a outros lugares”, explica Barro.

Galería: <i>Luna Azul</i>

Galería: Luna Azul

Vista da exposición Luna Azul Fotografía: Miguel Vidal e Museo de Pontevedra

Vista de <i>Luna Azul</i>

Vista de Luna Azul

Fotografía: Miguel Vidal e Museo de Pontevedra

<i>Adónde llega el mar</i>, 2013. Manolo Paz.

Adónde llega el mar, 2013. Manolo Paz.

Corda e plástico. Medidas variablesObra realizada co patrocinio de J.J. Chicolino S.L. Boiro.Foto: Miguel Vidal e Museo de Pontevedra

<i>Catroestacións</i>. 2003. Manolo Paz.

Catroestacións. 2003. Manolo Paz.

Madeira policromada 135x270x40 cm cada estación Fotografía cortesía de Miguel Vidal e Museo de Pontevedra

<i>Tierra y aire</i>. 1995. Manolo Paz.

Tierra y aire. 1995. Manolo Paz.

Pedra de Benisalem 190x600x300 cm Fotografía cortesía de Miguel Vidal e Museo de Pontevedra

<i>Debuxando no aire I</i>. 2009. Manolo Paz.

Debuxando no aire I. 2009. Manolo Paz.

Ferro pintado 240x240x240 cm Fotografía cortesía de Miguel Vidal e Museo de Pontevedra