O Observatorio da Cultura do Consello da Cultura Galega acaba de publicar a súa explotación sobre afiliacións á Seguridade Social no ámbito cultural a partir de datos do Instituto Galego de EstatÃstica. Segundo estes datos, o emprego no ámbito cultural no noso paÃs medrou no mes de xuño, cun total de 11.244 empregados neste sector fronte aos 10.998 de maio. Con este incremento súmanse un total de 446 novas contratacións desde o mes de marzo, sendo as actividades cinematográficas, de vÃdeo e de programas de televisión, de gravación de son e de edición musical os sectores con maiores incrementos. Entre maio e xuño a taxa de crecemento, dun 2,3% cuadriplicou o crecemento xeral de emprego.