O ano que acaba de rematar non foi excesivamente bo para o sector cultural. Segundo os datos do Observatorio da Cultura que mantén o Consello da Cultura Galega, no 2010 perdéronse 496 empregos, o que supón un 2% do total. Son cifras de afiliacións á seguridade social que deixa 17.211 empregados neste ámbito fronte aos 17.707 que habÃa no 2009. Por sectores, é o da edición o que rexistra un descenso de empregados maior (un 8.71%) seguido das artes gráficas (5,00%). Con todo, dentro dese balance negativo, o Observatorio tamén constata que descenderon os empregados por conta allea (un -4%) pero medrou (un 2%) o número de autónomos do ámbito cultural. O sector que máis autónomos incorporou foi o de "actividades de creación, artÃsticas e espectáculos" que suma un 3,56% de altas.