O (des)emprego da cultura

Galicia perdeu no último ano 2.800 postos de traballo no sector cultural

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
O (des)emprego da cultura

En 2012 perdéronse 2.800 empregos no sector da cultura, o que supón un descenso do 11.6% con respecto ao último ano. Así o constata o último informe do Observatorio da Cultura que analiza as fontes do Ministerio de Traballo e da Seguridade Social. A día de hoxe, hai rexistados 21.400 galegos traballando no sector cultural, que nos sitúa en niveis do ano 2004. O descenso do emprego cultural en Galicia é moito máis alto que a media estatal, que só perde un 6% neste sector.

A última explotación estatística feita polo Observatorio da Cultura revela outra cifra negativa no que atenden ao número de afiliacións á Seguridade Social, que supón 793 afiliados menos. Con todo, o descenso é moito máis acusado nos afiliados de réxime xeral (721 menos) que nos autónomos (só 72). Dentro delas destacar que os servizos e información e as actividades de bibliotcas, arquivos e museos incrementaran as cifras, sendo o sector das artes gráficas e edición os que máis descenden, malia a ser os máis numerosos.


Número de afiliacións á Seguridade Social en Galicia. Réxime Xeral. Comparativa 2009-2012


Número de afiliacións á Seguridade Social en Galicia. Réxime Xeral. Comparativa 2009-2012

Que che parece esta nova?
50 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega
Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Seguridade Social, Museos, Medios de comunicación