O emprego no sector cultural descendeu un 5,5 por cento en marzo, segundo indican os datos de afiliacións á Seguridade Social que analizou o Observatorio da Cultura do Consello da Cultura Galega. "A perda está un punto por debaixo do conxunto do Estado e o impacto é maior no emprego cultural que noutros sectores produtivos", sinala o informe,
Unha vez analizada a enquisa “Afiliacións á Seguridade Social por ramas de CNAE 2009” do Ministerio de Trabajo y EconomÃa Social, o Observatorio da Cultura Galega conclúe que “como era de esperar, a situación de crise afectou ao emprego cultural, tal como se pode comprobar nos datos de afiliación do último dÃa do mes de marzo de 2020, comparado co mes anterior. A cultura descendeu un 5,5%, 2,3 puntos porcentuais máis que o conxunto do mercado laboral”. A cifra está un punto por debaixo do que acontece no conxunto de España, que se sitúa nun 6,5%. O Observatorio da Cultura Galega tamén sinala que cómpre un estudo lonxitudinal e fará unha revisión periódica dos principais indicadores estatÃsticos nos vindeiros meses.
Segundo ese texto, as ramas de actividade máis afectadas son as cinematográficas, de vÃdeo e de programas de televisión, gravación de son e edición musical, seguidas das actividades de creación, artÃsticas e espectáculos, que, de feito, se atopan entre as máis afectadas de todas as ramas que compoñen a economÃa galega.
Ademais, o documento establece a análise con outros sectores e conclúe que a cultura perdeu proporcionalmente máis cotizacións que o conxunto dos servizos, a industria e o sector primario. “Só é equiparable o descenso ao producido na construción” asegúrase. En función do tipo de traballo, o OCG alerta que nos primeiros dÃas das medidas de contención da crise sanitaria vÃronse máis afectados os traballadores do réxime xeral que o de autónomos e, segundo este documento, isto débese posiblemente á “posibilidade de acceder á prestación extraordinaria por cesamento de actividade destes últimos”.