O Observatorio da Cultura Galega do Consello da Cultura fixo público un novo informe sobre a evolución económica e laboral do sector cultural. Os datos analizados corresponden aos últimos meses de 2021 e primeiros de 2022. Segundo estes, o número de traballadores do sector da cultura ascende ata 34.900 persoas, "por encima das cifras previas á pandemia", e este incremento é especialmente destacable nas actividades de creación, artÃsticas e espectáculos (27,7%). Porén, as cifras de organización de actividades artÃsticas e recreativas levan tres trimestres seguidos de descenso, cunha taxa interanual do -3%. "Estes resultados contrastan co crecemento xeral da economÃa e particularmente dos servizos", sinala o informe. Porén, as actividades de información e comunicación (cine, vÃdeo, programas de TV, ou telecomunicacións) rexistraron un forte incremento.