Suben os prezos da cultura

Produtos en papel e servizos incrementan o seu custe mentres que baixan os audiovisuais

| Santiago. Redacción | Seccións: Políticas Culturais
Compartir:

A cultura notou máis tarde e de xeito máis atenuado a suba de prezos que se produciu nos últimos meses, segundo o Observatorio da Cultura do Consello da Cultura Galega. Entre os produtos que máis subiron, aqueles producidos con papel, que subiron un 2,5%; unha cifra un pouco menor que no conxunto de España, no que chegaron ao 3%. Porén, os equipos audiovisuais, fotográficos e de procesament da información baixaron un 2'7%. Aínda que a confianza dos consumidores aumentou, o número de fogares que pensan en asistir a espectáculos descendeu. De acordo con esta coxuntura publicada polo Observatorio, a finais de 2021 unhas 34.700 persoas estaban empregadas no sector da cultura en Galicia, unha cifra similar á de antes da pandemia. En xeral, "o cadro socioeconómico segue apuntando a unha recuperación importante das actividades culturais no último trimestre de 2021, pero con crecemetnos inferiores ao conxunto dos servizos ou industria".

Que che parece esta nova?
63 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Observatorio da Cultura do Consello da Cultura Galega