O prezo da cultura subirá máis dun 4 por cento en Galicia co novo IVE

O Observatorio da Cultura analiza o impacto da suba de impostos sobre os bens e servizos culturais

30/7/2012 | Santiago. Redacción | Seccións: sociedade
29 lecturas | Compartido 0 veces
Para manter un nivel de consumo cultural semellante ao actual, os galegos deberán desembolsar 32.7 millóns de euros máis, asegura o último informe do Observatorio da Cultura Galega do CCG. "Non obstante, no contexto actual é moi difícil pensar que se manteña o nivel de consumo", asegura o informe. O maior gasto irá cara os espectáculos e servizos culturais, onde o goberno anunciou unha suba do 8% ao 21%. En xeral, os prezos da cultura subirán entorno ao 4,2%. Na práctica, segundo a estimación do Observatorio, o prezo medio dunh entrada de teatro en Galicia pasasía duns 5,3€ a 6€, e a dos concertos de música popular de 5,5€ a 6,2€.
Sen embargo, segundo o índice de prezos ao consumo, a oferta de produtos culturais leva estancada, a nivel de prezos, desde o ano 2003, o cal fai supor que serán as empresas as que poderían asumir o incremento dos prezos, o cal repercutirá drasticamente na súa conta de resultados. "Cabe esperar que a subida do IVE na cultura galega supoña poñer en perigo o futuro da actividade produtiva das empresas culturais dedicadas ao espectáculo e a outros servizos culturais, aquelas que sofren o incremento máis severo do IVE", conclúe o Observatorio.

Universo culturagalega.gal

26/02/2014

O recorte comeza polos libros

Un informe do Observatorio da Cultura Galega revela que as familias investiron 15.3 millóns menos en gasto en libros en 2012