Galicia é unha das comunidades con menos inclusión dixital

Parte da poboación continúa sen empregar a rede aínda que medra o número de conexións

| Santiago. Redacción | Seccións: Tecnoloxía
Compartir:

A dispersión poboación ou o avellentamento da poboación preséntase como posibles causas da exclusión dixital de parte da sociedade galega. Así o sinala o informe eEspaña 2013 da Fundación Orange, que sitúa o noso país no último posto en canto á inclusión en novas tecnoloxías. Así, Galicia obtén 57puntos no "Índice de
Convergencia de eInclusión" fronte aos 91 de Madrid. Segundo recolle hoxe La Opinión, aínda que medra o número de conexións a un ritmo superior ao doutras comunidades, variables como o nivel económico e educativo, a idade ou mesmo os problemas de infraestruturas déixanse sentir de xeito especial no acceso á rede dos galegos.

Que che parece esta nova?
58 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con La Opinión, Madrid

Claves

Entidades
Lugares