Popular TV Galicia pecha o 31 de xullo

A Xunta de Accionistas considera imposible soster economicamente a canle

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

Popular TV Galicia pechará as súas emisións o 31 de xullo. Así o decidiu a Xunta de Accionistas, conformada polos bispos das cinco dióceses galegas canda unha participación minoritaria da cadena COPE, debido á "falta de investimento publicitario privado e aos limitados ingresos de publicidade institucional". Popular TV Galicia levaba sete anos emitindo, e fora adxudicataria do concurso de licenzas de TV autonómica aberto polo goberno de Manuel Fraga en 2005. O equipo de Popular TV está conformado por 20 empregados e colaboradores.

Que che parece esta nova?
41 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

A loita polo espectro

A loita polo espectro

Emisoras como Cuac FM reivindican a radio comunitaria fronte ao concurso de frecuencias da Xunta

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Manuel Fraga

Claves

Protagonistas