Fiel ao seu estilo habitual, a programación da Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia volve estar cargada de estreas. Dunha banda de compañÃas galegas como As do peix, cun texto escrito por Cándido Pazó e dirixido por Cristina DomÃnguez; ou as de Cachirulo, en colaboración coa MIT, Romance dos figos de ouro, de Roberto Vidal Bolaño. Da outra, de compañÃas de fóra como a montaxe The old King, de Romeu Runa, dirixida por Miguel Moreira para a compañÃa belga Ballets C de la B; a presenza de Claudio Tolcachir (Timbre 4, de Arxentina) co su espectáculo El viento en un violÃn ou La Zaranda presenta A epidemia e que chega logo do seu paso polo Centro Dramático Nacional. Moito teatro de rúa e un novo espazo pensado para as compañÃas emerxentes (Programa L), no que estarán Il Maquinario Teatro e Fantoches Bajo e tamén para o teatro amador na sección Off Mit.
O teatro clásico está presente da man de dúas obras de Shakespeare, Otelo e Julio César. Antón Reixa será o pregoeiro dunha mostra que lembrará que hai corenta anos que tivo lugar a 1ª Mostra Abrente e o traballo de Roberto Vidal Bolaño.