A XXVI edición da Mostra de Ribadavia consolídase como punto de encontro do sector

A cita terá lugar do 15 ao 23 de xullo

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

Neste 2011 a Mostra de Ribadavia (MIT) pretende ser un “foro de debate e encontro de todos os axentes produtores e de exhibición ante a complicada situación das artes escénicas galegas”. Así reza a nota enviada pola organización por mor da presentación da programación deste ano. A vixésimosexta edición manterá o esquema doutros anos coa presenza de espectáculos de calidade (estará Helena Pimenta con Macbeth ou Kamikaze, os grandes triunfadores nos premios Max 2010); compañías internacionais (fai parte da rede Iberescena que facilita a presenza da compañía arxentina El Rayo Misterioso, o director de escena ecuatoriano Arístides Vargas ou o Laboratorio escénico Univalle de Colombia); o premio Abrente e a presenza de produción galegas (Teatro do Atlántico presenta Memoria de Helena e María). A cita co teatro terá lugar do 15 ao 23 de xullo.

Que che parece esta nova?
47 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Mostra de Ribadavia, Teatro, Artes Escénicas, MIT...