Air port… art

A Fundación Seoane exhibe a evolución da arte contemporánea da man da colección Aena

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Air port… art

Miquel Barceló, Chema Madoz, Bernardí Roig, Juan Navarro Baldeweg, Santiago Sierra, Pedro Calapez…. Son moitos os nomes dos creadores que fan parte da colección Arena. Estimada en 1.600 obras boa parte dela pódense ver nas 49 terminais aéreas que xestiona Aena Aeroportos. Agora, unha colección de cen pezas chega á Fundación Seoane para amosar a variedade dos soportes e dos formatos así como servir de reflexo da evolución da pintura desde os noventa ata hoxe. Antón Lamazares, Manolo Paz e Antonio Murado conforman a parte galega desta exposición que abre mañá as súas portas.

Que che parece esta nova?
52 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Fundación Seoane, Manolo Paz, Antón Lamazares

Claves

Entidades