O Consello da Cultura amosa a satisfacción polo dominio Punto Gal

A aprobación do dominio tivo lugar o pasado venres por parte do ICANN

| Santiago. Redacción | Seccións: Internet
Compartir:

Foi parte activa e comprometida nunha iniciativa que liderou a Asociación Punto Gal, de aí que a Comisión Executiva do Consello da Cultura Galega expresara a súa satisfacción por acadarse a aprobación do dominio por parte do ICANN. A decisión implica “a presenza diferenciada na Rede da lingua e a cultura de Galicia e polo novo impulso que esta decisión suporá a prol dunha maior presenza do idioma galego en Internet”. A Comisión Executiva situou esta nova no contexto actual, cando se cumpren trinta anos da aprobación por unanimidade da Lei de Normalización Lingüística.

Que che parece esta nova?
85 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Lei de Normalización Lingüística, Internet, Consello da Cultura Galega