Conta atrás para un dominio de noso

O Puntogal agarda que a ICANN resolva o dominio .gal "en 2013"

| Santiago. Redacción | Seccións: Comunicación
Compartir:
Imaxe da presentación do proxecto Puntogal

Imaxe da presentación do proxecto Puntogal

Manuel González, presidente da asociación Puntogal, sinalou que "aínda que Galicia é moi activa en Internet, ten un gran problema, que é a falta de visibilidade", e ese foi o principal motivo de que se crease unha asociación para promover o dominio .gal. Aínda que a proposta galega xa foi remitida, a concesión do dominio por parte da ICANN aínda pode tardar entre "12 e 18 meses", segundo sinalou unha fonte da asociación. Puntogal sinalou que conta con 13.000 apoios individuais para o dominio Puntogal e numerosos socios, entre os que figuran 20 centros galegos de todo o mundo.

González sinalou que se uniron con outras candidaturas como a bretona, galesa ou escocesa para poder economizar custes e facer máis presión diante da ICANN. E deberon presentar un aval económico para demostrar o mantemento ao longo dos primeiros anos de xestión. O presidente de Puntogal sinalou que o .gal "vai ser un elemento de cohesion dos galegos e unha ferramenta para localizar a lingua e cultura". Tamén sinalou que todos os beneficios da xestión do dominio "van ser reinvestidos nas TIC e no desenvolvemento da lingua e cultura galegas en Internet".

A xornada rematou con intervencións de Manuel Bragado, da Asociación Galega de Editores, Manuel Gago, de culturagalega.org, Marcus Fernández, de Código Cero, e de Víctor López, presidente de Eganet, as empresas dedicadas a Internet.

Que che parece esta nova?
62 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Internet, Manuel González, Asociación Puntogal, Manuel Bragado...