A Asociación puntoGAL comunicaba o venres que a ICANN aprobaba a creación do dominio .gal. Os responsables da entidade agradecÃan en rolda de prensa o sábado á sociedade galega o seu apoio a un longo proceso iniciado en 2006. puntoGAL confÃa en poder iniciar os procesos de rexistro a principios de 2014, tras unha serie de procesos técnicos e a sinatura do contrato de delegación do dominio coa ICANN. Primeiro terán prioridade para rexistrar as entidades públicas que traballen a prol do idioma e da cultura galegas, e os propietarios de marcas rexistradas con validez en Galicia. Tras esta etapa de acceso restrinxido, o proceso de rexistro estará dispoñible para todo o público en xeral. Será a asociación quen xestione o rexistro destes dominios e perciba o importe do rexistro, que irá destinando ao mantemento e promoción do propio dominio.