A Consellaría de Industria achega 186.000 euros para conseguir o dominio galego

Industria.gal

10/10/2007 | Santiago. Redacción | Seccións: Comunicación
Compartir:

A campaña para conseguir o dominio galego en Internet, (.gal) conta desde hoxe cun importante apoio económico. A Consellaría de Industria anunciou que vai achegarlle 186.000 euros á campaña que desenvolve a Asociación .gal “para a realización de todas as xestións precisas para que o ICANN aprobe o dominio galego”. Desde xeito, este orzamento destinarase á elaboración dos traballos técnicos e cumprir os trámites administrativos que esixa este organismo internacional. A presenza en feiras internacionais con postos propios sobre o dominio é outro dos elementos da campaña nos que incide Industria.

Que che parece esta nova?
20 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Consellaría de Industria, Internet

Claves

Conceptos