O ministro de Industria anuncia que o dominio .cat. pode estar dispoñíbel en breve

O dominio da identidade

26/10/2004 | Santiago. Redacción | Seccións: Ciencia e Tecnoloxía
Compartir:
O ministro de Industria, José Montilla anunciou onte que se ía a celebrar "un período de consultas ao respecto coas comunidades autónomas" antes de comunicar o futuro do dominio punto cat (.cat). Así, unha vez que o goberno de o visto e prace a decisión pasará ao ICANN (Corporación de Internet para a asignación de Nomes e Números), o organismo que ten potestade para aprobar os dominios de internet. De aceptarse, Cataluña sería a primeira comunidade en ter un dominio específico, o que abre unha nova vía para Galicia, onde xa se desenvolveron unha serie de campañas que reclamaron o uso dos dominios .gz e.ga pero que non conseguiron o apoio dos poderes públicos.

Máis información en Galicia Hoxe e en Iblnews

Que che parece esta nova?
26 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Internet, Identidade, Galicia Hoxe, Cataluña

Claves

Entidades
Conceptos
Lugares