Moito se ten falado de que Galicia é un paÃs de músicos. A cantidade e calidade dos grupos musicais, asà como o alto número de bandas e de agrupacións afeccionadas que se dedican a esta arte semellan indicar que lle temos un amor especial. Agora, o Observatorio da Cultura do Consello da Cultura Galega, a explotar datos do Ministerio de Cultura, revela algúns indicadores que amosan ata que punto esta idea é certa.
Un 0.75% da poboación galega está a realizar algún tipo de formación musical. A cifra pode semellar baixa, mais colle importancia se temos en conta que a media estatal é un 0,66% na mesma situación. Cando menos, asà o indica o estudo que o Observatorio da Cultura realizou a partir dos datos do Instituto Nacional de Artes Escénicas e Musicais para 2012. O que está claro é que o interese por saber música está a medrar na sociedade. Se en 2002 habÃa 16.809 matriculados nalgún tipo de formación musical (regrada ou non regrada) no curso 2011-2012 a cifra alcanzou os 20.810, nunha tendencia que se amosa á alza. No entanto, semella que o incremento vai por detrás da media estatal, onde se pasou de 187.914 matriculados a 311.728 no mesmo perÃodo.
Evolución do alumnado total de ensinanzas da música en Galicia.
Corais
Os amantes galegos da música que optan por participar nalgunha formación de afeccionados integraranse con moitas probabilidades nunca coral. Segundo estes datos, temos no noso paÃs 279 formacións corais de amadores. A estas séguenlle as bandas de música, das cales este estudo contabiliza 84 en todo o paÃs. A importancia das corais a nivel galego fica aÃnda máis de relevancia de compararmos as cifras co conxunto do Estado. Son galegas un 10,8% destas formacións, o cal nos sitúa no terceiro posto só por detrás de Cataluña, cunha cuarta parte das corais do Estado, e mais do PaÃs Vasco, cun 10,9%, e significativamente por diante doutros territorios con moita máis poboación como é o caso de AndalucÃa, que só achega o 5.8% dos coros de España. A pegada que as corais tiveron na recuperación e transmisión da nosa música popular desde finais do século XIX pode explicar a súa implantación e pervivencia nun territorio coma o noso, asà como o paralelismo que se dá en culturas como a vasca e catalá encol deste fenómeno.
Bandas
As bandas de música, presentes en moitas das nosas vilas e cidades e en todo tipo de celebracións, non alcanzan, malia á súa visibilidade, a importancia das corais. Os datos do INAEM recollen a existencia de 84 destas formacións, sempre falando daquelas formadas por afeccionados. A nivel relativo sobre o conxunto do Estado, o noso paÃs, cun 6,1% queda moi por detrás de auténticas potencias neste sector como é Valencia, onde está o 38.7% das bandas, ou AndalucÃa, cun 15,1%.
TÃtulos
No entanto, semella que os galegos temos un maior interese en coñecer música do que en obter tÃtulos que o acrediten, cando menos comparados coa media estatal. AsÃ, entre un 39 e un 46% dos estudantes optaron por centros non regrados para se formar neste campo na última década, unhas cifras que superan polo xeral nuns dez puntos a media estatal de alumnos neste tipo de centros. No entanto, verifÃcase unha tendencia descendente na porcentaxe de matriculados nestes centros fronte aos que optan por formación regrada, que chegaron ao 60,7% en 2012.
Escolas municipais
Os datos verifican asimesmo a importancia das escolas municipais de música como espazos de formación para os intérpretes do paÃs. Os 71 centros deste tipo rexistrados supoñen nada menos que o 47% dos espazos que imparten ensinanzas musicais en Galicia, por diante dos 36 conservatorios ou das 31 escolas privadas que existen.
Regradas
Dentro das ensinanza regradas, existen 50 centros de formación deste tipo, tanto públicos como privados no paÃs. Se ben ao longo dos últimos dez anos esta cifra permaneceu máis ou menos estable (entre os 48 que habÃa en 2003 e os 52 que existÃan en 2004), si se detecta, aÃnda que con altibaixos, unha certa consolidación da iniciativa privada neste campo, e un incremento neto da oferta desde o ano 2000. AsÃ, se por entón existÃan en Galicia 31 centros públicos e 10 privados, na actualidade son 36 e 14 de cada tipo.