Imaxe da Escola Infantil do Campus de Ourense
Baseáronse nas cabanas entre as árbores e mesmo nos hórreos galegos para deseñar unha Escola infantil no Campus Universitario de Ourense. E o resultado do estudo de arquitectura compostelán, Abalo Alonso, acaba de ter un recoñecemento. Concretamente o Premio Arquitectura Plus 2013 (APlus) que lle concede anualmente o Grupo Vía. O galardón entregouse onte no marco dunha cerimonia que se celebrou no Top City do Hotel Princesa Sofía de Barcelona.
O estudo Abalo Alonso competía na súa categoría coa obra do CEIP Sant Roc en Olot (Girona), do estudio BB Arquitectes, e a Escuela Infantil en Pamplona, de Pereda Pérez Arquitectos.



