Estudios galegos acadan premios da Bienal de Arquitectura de España

Abalo e Alonso, Creus e Carrasco e mais Irisarri e Piñera viron recoñecidos os seus proxectos

| Santiago. Redacción | Seccións: Arquitectura
Compartir:
Hortas de Caramoniña, en Compostela

Hortas de Caramoniña, en Compostela

Tres proxectos de estudios galegos de arquitectura acaban de ser galardoados na XIII Bienal Española de Arquitectura e Urbanismo. O xurado seleccionou 22 proxectos entre os 449 presentados por amosar "actitudes diferentes no xeito de intervir sobre o patrimonio, a cidade e a paisaxe con solucións innovadoras e cualificadas". Entre estes atópase a Casa Chao que Juan Creus e Covadonga Carrasco deseñaron en Fisterra e que xa fora recoñecida cun premio Juana de Vega. Elizabeth Abalo e Gonzalo Alonso recibiron tamén un galardón polo seu traballo nas Hortas en Caramoniña (Compostela), o mesmo proxecto polo que levaran un premio Manuel Gómez Román. Finalmente, a rehabilitación de catro edificios para os Rexistros da Propiedad en Vigo feita por Jesús Irisarri Castro e Guadalupe Piñera Manso tamén mereceu a valoración do xurado.

Que che parece esta nova?
128 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Arquitectura, Manuel Gómez, Juana de Vega, Manuel Gómez Román...