Unha vivenda unifamiliar en Corcubión leva o premio Juana de Vega

O edificio é da autoría de Juan Creus e Covadonga Carrasco

| Santiago. Redacción | Seccións: Arquitectura
Compartir:
Casa Chao de Creus e Carrasco

Casa Chao de Creus e Carrasco

Casa Chao é o nome da construción que resultou gañadora do XII Premio Juana de Vega de Arquitectura. Juan Creus e Covadonga Carrasco asinan o proxecto desta casa unifamiliar situada no casco histórico de Corcubión, no que o xurado valorou "o aproveitamento logrado nun solar estreito de longa fachada lateral e a sinxeleza do deseño desta, en branco cunha pregue no centro, que convive de xeito armónico co conxunto de edificios tradicionais no que se integra, aportando unha nota de modernidade que o enriquece". O galardón está dotado con 6.000 euros.

Canda a esta iniciativa, o xurado composto por Gonçalo Byrne, Fernando Agrasar Quiroga, Enrique Sáez Ponte, Manuel Caamaño Suárez, Salvador Fraga Rivas e Francisco Xavier Seoane Rivas, con Isabel Aguirre de Urcola como secretaria e Antonio Maroño Cal como presidente, tamén recoñeceu cun accésit o proxecto Choupana House, de Dosesmas arquitectos en Santiago de Compostela e cunha mención a Casa unifamiliar, A Ferreirúa (Nogueira de Ramuín), de Gallego Jorreto.

Que che parece esta nova?
86 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Juana de Vega, Corcubión, Arquitectura, Xavier Seoane...