O estudio Abalo Alonso leva o premio A-Prize de Milán

O galardón recoñece o traballo destes arquitectos no centro de saúde de Monterroso

| Santiago. Redacción | Seccións: Arquitectura
Compartir:
Centro de Saúde de Monterroso

Centro de Saúde de Monterroso

O estudio de arquitectura que forman Elizabeth Abalo e Gonzalo Alonso acaban de ver recoñecido o seu traballo co A.Prize, un dos máis importantes premios da disciplina que se outorgan a nivel europeo. O galardón, que se integra na Trienal de Milán e está dotado con 10.000 euros, valora o labor deste dúo de creadores no Centro de Saúde de Monterroso. O proxecto obtivo un aplauso unánime do xurado polo xeito no que se integra na estrutura da vila, o emprego de materiais e a aposta por unha arquitectura de escala humana. Ademais, o estudio conseguía tamén recentemente o premio NAN de arquitectura na categoría de interiorismo polo seu labor na rehabilitación da casa que acolle a Fundación Rubido Romero de Negreira.

Que che parece esta nova?
57 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Arquitectura, Milán, Monterroso, Negreira

Claves

Conceptos