O traballo que realizou o estudio Abalo Alonso Arquitectos na Hortas de Caramoniña, en Compostela, acaba de se ver recoñecido cun novo galardón internacional. O xurado do Premio Europeo de Intervención en Patrimonio Arquitectónico AADIPA recoñeceu o proxecto co seu galardón na categorÃa de Espacios Exteriores ao considerar que "valoriza e preserva un patrimonio social, a paisaxe produtiva". Ademais apunta que se trata "dunha proposta que xorde de manipular con mestrÃa poucos elementos, de xeito sutil e imbricado, para debuxar maxistralmente un lugar e a facer posibles novos percorridos que o permiten activo e que lle outorgan unha nova e á vez antiga identidade". Outro arquitecto galego, Carlos Seoane, resultou finalista na mesma categorÃa dos galardóns polo seu traballo no Mirador Pedra da Rá.
O proxecto de Abalo Alonso foi tamén seleccionado para facer parte da exposicion Premio Internacional Dedalo Minosse 2017, que se poderá ver na localidade italiana de Vizenza entre o 24 de xuño e o 16 de xullo.