Este ano non haberá prospeccións arqueolóxicas subacuáticas

O Museo do Mar abordará as posibilidades do patrimonio marítimo de Galicia e do Norte de Portugal

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

Malia aos achados que deron as últimas campañas, a Xunta de Galicia confirmou que este ano non promoverá novas iniciativas de investigación do patrimionio subacuático. Segundo anuncia hoxe Diario de Ferrol, a Xunta priorizará a vixilancia de pecios para evitar expolios e mais a súa conservación. De xeito paralelo, o Museo do Mar de Galicia, en Vigo, acollerá o vindeiro día 27 un encontro entre institucións galegas e portuguesas con vistas a desenvolver unha Rede Transfronteiriza de Valorización do Patrimonio. Esta entidade desenvolverá diferentes actuacións a prol do patrimonio marítimo das dúas beiras do miño, como a recuperación de embarcacións tradicionais, no marco programa de cooperación transfronteriza Proamare.

Que che parece esta nova?
33 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Cultura marítima expandida

Cultura marítima expandida

O encontro bienal de embarcacións amosa a boa saúde do movemento a prol do patrimonio do mar

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Norte de Portugal, Xunta de Galicia, Museo do Mar de Galicia, Ferrol...