A vontade dos heredeiros de Álvaro Gil é que a colección siga en Lugo

Ábrese un prazo de vinte días antes da execución da sentenza do Tribunal Supremo

12/6/2013 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

Trece anos de desencontros e varias sentenzas xudiciais que agora as partes implicadas, Deputación de Lugo e os herdeiros de Álvaro Gil queren resolver en vinte días (prazo oficial antes da execución firme da sentenza). Non é un asunto doado ambas partes maniféstanse na prensa partidarias da vía do diálogo. A familia porque quere respectar a vontade de Álvaro Gil, e o a Deputación lucense por manter fondos de suma importancia para o Museo de Lugo.

As obras que, segundo sentenza do Tribunal Supremo, a familia de Álvaro Gil depositou no Museo de Lugo é unha colección de orfebrería de máis de trinta pezas, entre os que está o Torques de Burela, un dos símbolos do museo, así como unha colección de pintura nas que hai pezas de X. R. Corredoira.

Que che parece esta nova?
26 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Lugo, Tribunal Supremo, Museo de Lugo, Deputación de Lugo...