A tradición como fonte de innovación, no Museo do Pobo

O I Foro Isaac Díaz Pardo Empresa e Cultura celebrarase o vindeiro 15 de xuño

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:
A tradición como fonte de innovación, no Museo do Pobo

"A tradición como fonte de innovación e factor de excelencia" e o lema co que se celebra o vindeiro 15 de xuño o I Foro Isaac Díaz Pardo Empresa e Cultura. O encontro, coordinado desde o Museo do Pobo, quere reflexionar sobre as relacións entre mundo empresarial e cultural e nas posibilidades que achegan os saberes tradicionais de cara á innovación. Nesta primeira xeira son as posibilidades da cultura propia de cara ao desenvolvemento de novos produtos os que protagonizan a xeira.

Proxectos do país como Rei Zentolo, os estaleiros Triñanes ou Viña Costeira compartirán espazo con propostas como a francesa Enterprises du Patrimoine Vivant ou a Aliança Artesanal portuguesa. Segundo explicou Lino Lema, tesoureiro do Museo, "polo xeral, ao falar sobre estas cuestións abórdase a relación como responsabilidade social corporativa das empresas. Aquí o enfoque é o contrario, queremos ver qué pode obter a empresa da cultura para conseguir mercados e xerar negocio".

Que che parece esta nova?
43 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Isaac Díaz Pardo, Museo do Pobo Galego

Claves

Protagonistas