A Xunta estuda facerse cargo do entramado cultural do Grupo Sargadelos

Unha fundación permitirá preservar o labor iniciado por Díaz Pardo

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

É o complexo empresarial-cultural por excelencia. Iniciado por Luis Seoane e Isaac Díaz pardo foi o xermolo dun proxecto empresarial no que as plusvalías se reinvertían en cultura (principalmente a través do Instituto Galego da Información, o Laboratorio de Formas e o Museo Carlos Maside). Así ata que hai tres anos un novo equipo se fixo cargo da empresa de cerámica e comezou a apartar a Díaz Pardo dos postos de responsabilidade do grupo empresarial. Despois de campañas e manifestos de denuncia, El País publica hoxe que a Xunta ten previsto facerse cargo de todo o entramado cultural a través dunha fundación que terá como presidente a Díaz Pardo.

Que che parece esta nova?
44 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Sargadelos, Isaac Díaz Pardo, Carlos Maside, Maside...