
Lois Patiño (Vigo, 1983) ofrecerá a videoinstalación O corpo baleiro, na que con varias láminas de metacrilato suspendidas no aire, atravesadas á súa vez pola luz que emite un vÃdeo proxector, e acompañadas por unha música emitida a baixa frecuencia, crea un contorno no que se representa un estado a medio camiño entre a vida e a morte, un espazo espectral onde o corpo se baleira de vida. Non é o único proxecto que se exhibe no marco do Super8 neste espazo, que tamén da acubillo a autor galego. Trátase do lucense Miguel Mariño, que exhibirá o film performance Fomos ficando sós, antesala da performance de cine expandido do realizador vangardista arxentino Claudio Caldini coa que se pechará o festival. O certame este ano dedica un ciclo especial ao novo cinema que se está a desenvolver en Arxentina, como paÃs convidado.