Jaime Chávarri destaca no renovado formato do Festival S8

Lois Patiño e Miguel Mariño presentes na sección Sinais para valores galegos

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

Avanzaron que os descendientes de Moliere abrirían o Súper8, que prestarían atención ao cinema galego con Lois Patiño e Miguel Mariño e que Arxentina sería o país convidado. Agora, os organizadores do S8 deron a coñecer a programación completa dun festival que terá lugar do 5 ao 8 de xuño. Entre a abondosa actividade oficial e paralela, destaca a presenza de Jaime Chávarri, un dos grandes nomes da vangarda cinematográfica española. Estará na Coruña para presentar as súas películas en Súper 8 (Run, e Ginebra en los infiernos).

Moitos nomes propios nesta edición. De fora, como Ben Rivers e Ben Russell, cuxa traxectoria revisará en colaboración co CGAI, ou de aquí, como Lois Patiño e Miguel Mariño. Canda eles, un tributo a unha nova iniciativa chilena nacida en 2012, o Festival Internacional de Documentais de Antofagasta.

Que che parece esta nova?
37 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Lois Patiño, Cine, A Coruña, Arxentina...

Claves

Protagonistas
Entidades
Conceptos