O tempo que pasa

Patricia Esquiva reinterpreta a historia na súa exposición no MARCO

| Santiago. Redacción | Seccións: ArteExposicións
Compartir:
Patricia Esquivias.The Future Was When?, 2009 [O futuro foi cando?]

Patricia Esquivias.The Future Was When?, 2009 [O futuro foi cando?]

As obras de Patricia Esquivias (Caracas, 1979) parten da vida cotiá, dunha óptica persoal, para deslexitimar ou para ficcionar o pasado sen vontade de veracidade. Os seus traballos teñen un compoñene performativo e procesual moi marcado aínda que o seu punto de partida sempre é o texto. Na exposición que presenta no MARCO aborda o tránsito do pasado ao presente apoiado en dous proxectos. Dunha banda 111-119 Generalísimo/Castellana, que aproveita uns murais de cerámica no Paseo da Castellana para presentar un paralelismo entre a modernización do metro de Nova York e o de Madrid a partir da súa restauración. Da outra, Folklore unha serie que fala da relación entre a modernidade e a tradición da que deriva o folclore ou as expresións culturais propias dunha comunidade. A exposición pódese ver ata o 1 de setembro na sala de exposicións do primeiro andar do MARCO.

Que che parece esta nova?
40 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Diálogo(s)

Diálogo(s)

O MARCO abre a temporada cunha exposición que reflexiona sobre os límites da vida

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Exposicións, Caracas, Madrid, Nova York...