Editores de Compostela convoca do segundo Exprés Literario

O colectivo anuncia a Feira das Culturas para o vindeiro outono en Compostela

O vindeiro 1 de xuño Compostela verá o segundo Exprés Literario, que convoca o colectivo Editores de Compostela. Recitais, presentacións de obras, lecturas e charlas sobre proxectos editoriais compoñen un programa de once actos que arrincará ás oito da tarde e que promete un ritmo vertixinoso. De xeito paralelo, o grupo de editoriais convoca para o vindeiro outono a Feira das Culturas. O evento, que se celebrará no Centro Comercial Área Central, prevé a realización dun acto cultural o primeiro sábado de cada mes. O proxecto chama a creadores dos máis diversos ámbitos da comarca de Compostela a dar a coñecer o seu traballo no marco desta iniciativa, que aínda non fechou o seu programa.

Cartel e programa do II Exprés Literario.