Os Editores de Compostela presentan O exprés literario

Propoñen un intenso programa de literatura e actividades para este sábado

24/5/2012 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

Once presentacións de libros, novidades editoriais, "escritores, poetas, música ao vivo e mesmo algo para ir matando a fame". Esta é a proposta que fan Editores de Compostela, a marca que agrupa a Edicións Positivas, Alvarellos, Sotelo Blanco e Urco Editora. Canda aos novos lanzamentos, haberá tamén libros a prezos rebaixados. Será na praza Salvador de Parga da capital galega.

Está prevista a participación de autores como Paula Carballeira, Rosalía Fernández, Samuel L. Paris, Lupe Gómez, Mario Regueira ou Fernando Cimadevila. Con esta proposta, os editores composteláns inician unha serie de actividades para achegar o seu traballo ao público en novos espazos.

Que che parece esta nova?
42 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Editores, Literatura, Escritores, Edicións Positivas...