O Consorcio Editorial súmase aos outlets

Compostela acollerá unha liquidación de 17.000 libros entre o 1 e o 17 de febreiro

31/1/2013 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

Primeiro foron Editores de Compostela, logo a Asociación Galega de Editores e agora unha distribuidora. Consorcio Editorial, participada por Baía Edicións, Sotelo Blanco Edicións e a extinta A Nosa Terra organiza un outlet do libro en Compostela, no que se poderán adquirir exemplares descatalogados, restos de almacén e outros volumes das editoras que distribúe esta firma a prezos rebaixados. O centro comercial Área Central acolle este evento, que se prolongará desde 1 ata o vindeiro 17 de febrero.

Segundo explican os organizadores, polo momento contan con arredor de 17.000 volumes de trece selos editoriais, entre eles os fondos da desaparecida A Nosa Terra. Os libros poranse á venda en lotes de 2 libros por 5 euros, 5 por 10 euros, e prezos de 5, 10 e 15 euros. O mercado está aberto entre as 10 da mañá e as nove da noite.

Que che parece esta nova?
29 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Editores, A Nosa Terra, Sotelo Blanco, Baía Edicións...