No seu manifesto para este día, Danesga solicita a demisión de Mercedes Suárez á fronte do Centro Coreográfico, denuncia falta de transparecencia na xestión da entidade e reclaman a convocatoria das axudas específica para o sector entre outras medidas. Segundo sinala o texto "a pesar da saúde que tiñamos ata hai un ano, este crecemento vese agora deteriorado polo escaso apoio do noso goberno, de Agadic e do Centro Coreográfico Galego. Pedimos unha continuidade do traballo realizado ao longo dos últimos anos tanto por parte da administración pública coma por empresas privadas". Canda a este texto, na acción do CGAC leranse tamén os manifestos do colectivo estatal Rede de Traballadores da Danza e mais da UNESCO para esta data.
A coincidir coa data, en Lugo celébrase tamén a Semana da Danza, na que se poderá ver un adianto do novo espectáculo do Centro Coreográfico Galego, mentres a Coruña ou Vigo programan actuacións polas rúas.