Educación convoca por separado os grupos parlamentarios

A oposición estaría aberta ao diálogo sempre e cando a Xunta manifeste un cambio de actitude

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:

Buscar o “máximo consenso posible” sobre a política lingüística. Este é o obxectivo que persegue agora a Xunta e para o que pretende abrir un diálogo cos diferentes grupos con representación parlamentaria. A proposta foi recibida positivamente polos diferentes grupos parlamentarios que, en principio, estarían de acordo en iniciar un diálogo, tal e como publica La Opinión pero con matices. Para o voceiro do PSOE, Fran Caamaño a Xunta debe “retirar, suspender ou paralizar” o decreto e a volta ao Plan de Normalización. AGE e o BNG decidirán hoxe a posición oficial sobre a convocatoria á espera de apreciar, en palabras de Ana Pontón, “un cambio real por parte da Xunta”.

Que che parece esta nova?
48 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Educación, Política Lingüística, La Opinión, PSOE...