A controversia nos métodos de selección de elencos do Centro Dramático Galego (CDG) chegou onte ao Parlamento. Na reunión da Comisión 4ª de Educación e Cultura, a portavoz parlamentaria do Bloque Nacionalista Galega, Olalla Rodil, presentou unha Proposición Non de Lei instando ao Goberno galego a abrir unha mesa de negociación co sector das artes escénicas para establecer uns novos criterios de selección diferentes do actual formato de concurso-oposición de actores que non limiten ou condicionen a calidade artística que debe primar neste tipo de creacións. "Non se pode aplicar á selección dun elenco para unha obra de teatro, para unha creación artística, os mesmo criterios que se aplican para seleccionar persoal funcionariado para a administración", argumentou Rodil durante o debate da iniciativa parlamentaria do BNG na Comisión de Cultura da Cámara. Por iso, o BNG demanda da Xunta, en concreto da Axencia Galega de Industrias Culturais (AGADIC), unha mesa de diálogo co sector para buscar unha solución de cara ás futuras obras que se programen no CDG. Rodil tamén lembrou as presuntas irregularidades no proceso levado a cabo para a produción Martes de Carnaval sobre as que alarmou a Asociación de Actores e Actrices de Galicia.
Os grupos da oposición apoiaron a iniciativa do BNG. A portavoz de grupo En Marea, Ánxeles Cuña, directora do grupo teatral Sarabela e directora do CDG entre outubro de 2005 e marzo de 2006, dixo que "Tito Asorey non dimitiu por motivos persoais" como se chegou a dicir desde AGADIC e lembrou que a diferenza do que ocorre con outros centros dramáticos públicos "aquí fíxose a AGADIC e nin se quera contempla a figura autónoma do CDG como unidade de produción, que é algo que hai que revisar". Como directora teatral Cuña recoñeceu que de ser ela a que ten que elixir un elenco "posiblemente todos e todas sexan amigos ou coñecidos ou teñamos traballado xuntas". A PNL presentada por Olalla Rodil tivo en contra os votos dos representantes do grupo Popular . A súa portavoz Teresa Egerique asegurou que a Xunta xa "está nun proceso de diálogo" co sector pero que neste caso ten que esixirse "o cumprimento da lei", xa que "o CDG ao ter a consideración de administración pública ten que cumprir a normativa pública". O prazo de 30 días dado desde a AAAG á Consellería de Cultura para a creación dunha comisión intersectorial para estudar a excepción do feito artístico da Lei da Función Pública remata mañá.