A Xunta prepara un Plan para potenciar o turismo cultural

O obxectivo é atraer “turistas de calidade”

| Santiago. Redacción | Seccións: sociedade
Compartir:

Galicia non pode competir en sol e praia, pero si en turismo cultural e nos valores ambientais como os parques naturais. Ese cambio de estratexia é o que pretende relanzar a Xunta de Galicia. Para iso está a preparar Plan para o sector turístico que se estenda aos anos 2010 e 2011 e que lle dará un papel destacado aos museos e parques naturais. Segundo publica hoxe Faro de Vigo, o obxectivo que se persegue é conseguir atraer a “turistas de calidade” que saiba valorar o patrimonio galego. Nese obxectivo, a consellaría de Cultura acaba de iniciar contactos con directores de museos e organismos turísticos para deseñar a estratexia.

Que che parece esta nova?
32 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Turismo, Museos, Faro de Vigo, Xunta de Galicia

Claves

Conceptos
Lugares