Manter as Illas Atlánticas custa 3,2 millóns ao ano

Días de parques

| Santiago. Redacción | Seccións: Medio Ambiente
Compartir:

Malia a que é un dos Parques Nacionais de menor superficie, o Parque das Illas Atlánticas é dos máis caros de manter. Nada menos que 3,2 millóns de euros cada ano, segundo os datos que publica hoxe o Faro de Vigo. A contía está prevista no convenio de transferencia da titulariedade da área protexida, que se completará no mes de xuño. Canda a este, outros espazos naturais foron nova esta fin de semana en que se celebrou, o pasado 24, o Día Europeo dos Parques Naturais.

Deste xeito, o transfronteirizo do Xurés-Gerês, conta xa cunha comisión mixta que xestionará as actividades conxuntas entre as autoridades galegas e portuguesas. Rutas, un web e un boletín conxunto son algunhas das primeiras iniaciativas que se barallan.

Para rematar, a consellaría de Medio Ambiente anunciaba este venres que en dez anos pecharanse as polémicas canteiras de lousa do Courel. O responsable deste departamento, Manuel Vázquez, sinalou que neste prazo pretende “habilitar un carril socioeconómico para que a xente deixe de traballar” nestsa minas.

Que che parece esta nova?
86 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Faro de Vigo, Manuel Vázquez, Consellaría de Medio Ambiente, Courel