DÃa do Orgullo Friki, DÃa da Toalla ou DÃa do Orgulho Lusista e Reintegrata, o 25 de maio está a se implantar con forza no noso calendario. As rúas de Compostela acollen mañá dúas propostas de celebrar este dÃa, implantado no calendario internacional a partir da serie de novela de ciencia-ficción de Douglas Adams A guÃa do autoestopista galático. O colectivo reintegracionista celebrará mañá a súa "saÃda do armario" por sétimo ano consecutivo. Xogos, unha festa, un escrache ao Instituto da Lingua Galega e mais un pregón a cargo de Teresa Moure, madriña desta edición, fan parte do programa. De xeito simultáneo, Tropa Korriban conmemorará os 30 anos da estrea de O retorno do jedi cun desfile de tropas imperiais na Praza do Obradoiro. Ademais, librarÃas como Alita na Coruña anuncian que agasallarán bandas deseñadas aos clientes que acudan ese dÃa cunha toalla.