As Hobbycon amplían a oferta sobre BD na Coruña

As xornadas de videoxogos, banda deseñada e ocio alternativo celebraranse entre o 4 e o 7 de xullo

| Santiago. Redacción | Seccións: Banda Deseñada
Compartir:
Imaxe de presentación de Hobbycon

Imaxe de presentación de Hobbycon

Unhas xornadas centradas no ocio que abranguerán cómic e manga, ciencia ficción e mais videoxogos e wargames. Esta é a proposta de Hobbycon, un novo salón que se celebrará no Palación de Exposicións da Coruña (Palexco) entre os vindeiros 4 e 7 de xullo. A iniciativa comezou xa a se preparar coa celebración dun concurso de Cosplay e do Dragon Ball Day, e ata a súa celebración están previstos outros eventos relacionados como unhas xornadas dedicadas aos xogos de rol ou o desfile de tropas de Star Wars en Compostela programado para o vindeiro 25 de maio. Con esta proposta, a cidade herculina incrementa a súa oferta de ocio vencellada á novena arte, xa que a nova iniciativa se celebrará apenas un mes antes do tradicional Viñetas desde o Atlántico.

Que che parece esta nova?
58 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con A Coruña, Banda deseñada, Cómic, Ciencia...