Vigo terá o seu I festival de cine e banda deseñada

Boom! Film&Cómic celebrarase entre o 9 e o 14 de marzo

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:
Vigo terá o seu I festival de cine e banda deseñada

«Ciencia ficción, cómic, videoxogos e zombies». Esta é a proposta que fai Boom! Film&Cómic o primeiro festival dedicado á sétima e á novena arte que se celebrara en Vigo entre os vindeiros 9 e 14 de marzo. O proxecto, que abriu xa o prazo de inscrición para reservar postos está organizado nun ciclo de cinema que transcorrerá entre os días 9 e 12 de marzo, e que estará dedicado á ciencia ficción, o terror e a animación. A continuación celebrarase un salón de banda deseñada programado para o 13 e o 14 no Pazo de Congresos. Aínda pendente de confirmar convidadeos e programa, as entradas ao evento poderán adquirirse a partir do 29 de xaneiro.

Que che parece esta nova?
52 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cómic, Banda deseñada, Cine, Vigo...