Nace 2.0 Editora, un proxecto que combina soportes dixitais e tradicionais

A Guía do autoestopista galáctico e Sen novas de Gurb inauguran o proxecto

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

A libraría Couceiro de Compostela acolle mañá ás oito da tarde a presentación de 2.0 Editora. Este novo proxecto nace coa intención de "converter ao lector no centro do universo editorial", e para isto quere combinar a edición en papel cos soportes dixitais, tanto para lectura en pantalla e libro electrónico como para ouvir. Para comezar, presentan na colección de narrativa Mundos a Guía do autostopista galáctico de Douglas Adams, e Sen novas de Gurb, de Eduardo Mendoza. Nesta mesma serie no seu web adiantan a edición de O home que era xoves de G.K. Chesterton. Un idioma preciso, de Xusto Rodríguez Río abre a colección Folcsonomías centrada en ensaios sobre comunicación. A firma adianta tamén que oferta os seus servizos para a autopublicación dos autores interesados.

Que che parece esta nova?
74 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Guía, Narrativa, Santiago de Compostela

Claves

Conceptos